sábado, 6 de octubre de 2018

A perspectiva de xénero na orientación laboral

Sábado, 22 de setembro de 2018


Grupo 1:

  • Queiruga Santamaría, Olaya
  • Grandío Montes, Raquel
  • Rodríguez Facal, María
  • López Sánchez, Comba 
  • López Roel, Paula

       1. Contextualización da sesión 

A sesión dedicada á temática de Perspectiva de xénero na orientación laboral desenvolveuse  o sábado día 22 de setembro no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Santiago de Compostela)

Esta sesión enmárcase nos contidos a traballar no Tema 1 do Posgrao de Orientación Laboral de Especialización en Orientación Laboral (Edición 2018).

A ponente encargada de desenvolver esta interesante sesión foi a profesora da facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Santiago de Compostela) Margarita Valcarce.

       2. Contidos traballados na sesión

Na actualidade vemos como a idea de home e muller segue tendo diferentes patróns que se fan tanxibles en diferentes ámbitos da sociedade e como non podería ser menos, no ámbito laboral.

Desde o comezo da sesión, fíxose patente a idea de que as mulleres fomos as grandes esquecidas ao longo da historia. 

Un punto moi claro é que biolóxicamente homes e mulleres somos diferentes; pero tamén é certo que aínda que as mulleres obtiveron moitos logros ao longo dos anos, moitos postos de responsabilidade están na área masculina. As contratacións a mulleres están suxeitas a moita precariedade (temporalidade e parcialidade).

Por outra banda, puidemos falar sobre as diferenzas do termo traballo e emprego, tendo en conta que as mulleres teñan ou carezan dun emprego, adoitan levar a carga de traballo no fogar.

Esta realidade que se describiu ao longo da sesión, é a mesma que se vén dando ao longo da historia, xa que a muller exercía un traballo invisible, pero que supoñía a base de calquera economía. De feito, actualmente estáse loitando por recoñecer o traballo doméstico e de coidados do ámbito privado como parte do PIB.

Como persoas orientadoras é importante ser conscientes desta influencia para poder orientar ás mulleres cara un itinerario formativo que aumente as súas posibilidades de inserción, xa que as profesións tradicionalmente máis masculinizadas teñen maior cabida no noso panorama laboral.

            2.1. 4ª Revolución Industrial
A chamada 4ª revolución industrial que estamos a vivir como consecuencia da transformación tecnolóxica terá un efecto preocupante na situación laboral da muller. Soamente ocupan un 25% das prazas de carreiras técnicas e un 10% nas de enxeñería e de continuar así, nun futuro a maioría dos postos de alta especialización e coñecemento seguirán ocupados por homes.

Hai esferas nas que as mulleres aínda se atopan co coñecido ¨teito de cristal¨ que dificulta que alcancen determinadas esferas e se infravalore o traballo que realizan.
Na procura da igualdade

Con todo iso, falouse de que a igualdade formal cada vez aparece de forma máis clara, pero non a real, xa que puidemos ver que as medidas lexislativas non sempre levan a cabo, dándose unha discriminación directa. Isto tamén se debe precisamente a ese “teito de cristal” polo que as mulleres non poden acceder a postos de representación e polo tanto crear políticas de emprego, neste caso, que incorporen a perspectiva de xénero.

            2.2. O patriarcado
O patriarcado como base da construción da desigualdade leva a que a discriminación laboral nas mulleres impídalles chegar a participar en esferas de poder, polo que non está presente nas tomas de decisións.


Equidade de xénero

       3. Actividade práctica realizada na sesión 
Como peche da sesión, realizouse un Currículo cego. O obxectivo da actividade era , nun CV formato Europasss, identificar e modificar todos aqueles apartados ou información presente que puidese dar pistas en canto a persoa candidata. Unha vez rematada a actividade fixemos unha posta en común sobre a tarefa e sobre as posibles vantaxes e desvantaxes deste tipo de CV.


       4. Para saber máis:

Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades (Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad)

Mujeres en Galicia (Xunta de Galicia).

VII Plan Estratégico de Galicia para la igualdad de oportunidades entre mujeres y hombres 2017-2020

Aquí vai un vídeo interesante sobre Igualdade e Equidade:




A modo de resumo, incorporamos tamén o Wakelet☝ desta sesión na cal aparece a compilación do más relevante dos chíos de #POLAB18  👀.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

El Entorno Personal de Aprendizaje (PLE)

¿Qué es un PLE ?                    Es un entorno personal de aprendizaje  en el que no solo  somos consumidores, sino también produ...